NORMAS E SERVIZOS


NORMAS

- As familias deberán respectar os horarios de entrada e saída para unha correcta organización de centro.
Por motivos de seguridade non se permitirá o acceso ás aulas por parte de persoal alleo ao centro nas horas lectivas.
- Non se permitirá o acceso ás aulas aos familiares durante as horas lectivas.
- No caso de enfermidade ou malestar xeral do nen@ , non asistirá a clase polo ben d@ propi@ nen@ e d@s demáis.
- Non se traerá nin administrará ningún tipo de medicación.
- Todas as faltas d@s nen@s serán xustificadas pola vía indicada pola titora.
- Asistencia das familias ás reunións tanto de grupo como individuais. Pedimos a ausencia d@s nen@s ás mesmas.
- A roupa e o calzado serán de doada manipulación (sen cordóns, sen lazos, sen botóns, sen cinturóns... con gomas, con velcros...)
- As cazadoras, chaquetas, xerséis, gorras, mochilas, tuppers e botellas deberán estar marcadas co nome.
- As merendas deberán ser sás e equilibradas. 

MERENDAS

    Un dos nosos obxectivos prioritarios é que @s nen@ss incorporen rutinas esenciais para desenvolver un estilo de vida saudable e a súa autonomía persoal. A boa alimentación é unha peza clave da educación para a saúde, da educación en valores e como non, fundamental para o seu desenvolvemento social.@s nen@s non poderán traer de merenda golosinas ou bolería industrial. Esta é a nosa proposta:

Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Lácteos

Froita

Bocadillo
Lácteos ou froita

O que queiras


SERVIZOS

- Almorzo de 7:30 a 8:15 h.
Madrugador de 8:00 a 9:00 h.
- Comedor de 14:00 a 16:00 h.
- Ludoteca de 16:00 a 19:00 h.


Almorzar e comer no colexio é unha oportunidade educativa, unha ocasión única onde aspectos da educación,  a nutrición e a convivencia ineractúan para axudar @s nen@sO feito de compartir á hora de comer con outr@s nen@s que comen alimentos que a a el ou ela non lle gustan pode despertar a súa curiosidade por alimentos que, sin un motivo xustificado, non proba na casa.
Os menús están elaborados segundo as pautas establecidas por un equipo nutricionista. As familias tedes estes menús á vosa disposición.Poden facer uso do almorzo e do comedor tod@s @s alumn@s do centro, ben de forma habitual ou ben de forma esporádica. @s nen@s que opten por estes servizos estarán atendidos en todo momento por dúas profesionais.