SAÍDAS



BELELLE

Onte realizamos a excursión de fin de curso á granxa-escola e centro hípico Belle. Plantamos, coidamos dos animais, montamos en poni, plantamos, fixemos pan, xogamos... Un no parar que nos deixou cans@s pero inmensamente felices. 








SAÍDA EDUCACIÓN VIAL

Onte @s compis de 5 anos desplazáronse ata o Parque de Educación Vial de Barallobre, e aproveitando a proximidade, visitaron a Lonxa de pescado e marisco. O pasaron xenial, aprenderon e desfrutaron. Así da gusto!!











SAÍDA Á POLICIA LOCAL

Hoxe @s compis de 3 anos visitaron a oficina da Policía Local onde explicaron a súa importante labor no Concello, ensinaron o material que usan e os coches. Que ilusión!!!













SAÍDA A EXPONAV

Onte @s compis de 4 anos visitamos o Museo Naval Exponav de Ferrol onde fixemos unha búsqueda do teosuro convertidos en piratas. Atopamos e pistas e desobrimos misterios para atopar o cofre cheo de moedas de ouro... e de chocolate!!!






SAÍDA AO PARQUE LIÑAL

Hoxe @s compis de 5 anos acudimos ao Parque Liñal de Fene para prantar unha ábore co motivo do Día do Bosque. O día estaba precioso, o camiño foi moi entretido e o pasamos xenial. Aquí tedes fotos:








SAÍDA POLO CONTRONO

Hoxe, 14 de febreiro, @s compis de 5 anos fixeron unha saída polo contorno para repasar os coñecementos de educación viaria e para visitar dous establecemenos da zona: unha tenda de complementos e unha perruquería. Ademáis, paramos un ratiño no parque. Cántas cousas interesantes e que ben o pasamos!!









CORREOS

O pasado mércores 5 achegámonos á oficina de Correos de Fene para mandar ás nosas postais de Nadal. 3 anos botounas no buzón amarelo da porta, 4 anos selounas no mostrador e 5 anos accedeu ás entranas da oficina para atender ás explicacións do marabilloso persoal. Estade atentos aos buzóns, en calquera momento chegan! Oxalá vos gusten!!!





















EROSKI

O pasado venres 4 anos fixemos unha saída ao supermercado Eroski da nosa rúa para culminar o proxecto de alimentación saudable co que aprendimos a discernir alimentos sans e insans. Pasamos por todas as partes do super, buscamos diferentes alimentos polos expositores e estanterías e rematamos cunha merendola de froitas que moi amablemente nos regalaron. Moitas gracias ao personal que estivo pendente de nós!!






Patoca meteuse nunha nevera!! Como ven do Polo Norte, gústalle moito o frío.





Patoca tamén comeu froita!!




ICOOK

Onte e hoxe @s compis de 5 anos visitamos a escola de cociña Icook de Fene, onde José, o seu xerente e cociñeiro, ensinounos outras maneiras de cociñar de forma saudable. Mil gracias!!!! Agradecemos tamén os colaboradores locales +ke Fruta y Gadis.















PANADERÍA "EL CRUCE"


Hoxe @s peques de 3 anos visitaron a panadería " El cruce" de Maniños. Déronnos un gorriño de panadeir@s, ensináronos as máquinas e fornos que empregan no seu traballo diario e nos deixaron poñer mans na masa. Pan, empanada e boliños doces. Un manxar! Moitísimas gracias ao personal da panadería porque son un auténtico amor e nos tratan sempre de marabilla! 









ESCOLA "JUSTO AO REVÉS"

Onte, xoves 4 de outubro, @s compis de 4 e 5 anos fumos á escola de tenis "Justo ao revés", que se atopa ao carón do noso cole, a recibir unhas clases deste deporte. Que ben o fixemos!!




















SAÍDA POLO CONTORNO

Hoxe @s nen@s de 5 anos fixemos unha saída polo contorno para observar os cambios que vai traendo a chegada do outono: as follas do chan, os froitos secos... Ademáis saúdamos aos habitantes dunha granxa veciña. Foi moi divertido!















Ningún comentario:

Publicar un comentario

interesante
divertido