xoves, 28 de febreiro de 2019

Desfile Entroido 2019

Mañá recordade vir vestidos de cor branca de arriba a abaixo. Abrigádevos ben polo frío. Festa!!!!

Resultado de imaxes para carnaval

mércores, 27 de febreiro de 2019

martes, 26 de febreiro de 2019

luns, 25 de febreiro de 2019

domingo, 24 de febreiro de 2019

Festa do Entroido

O vindeiro venres 1 de marzo @s peques traerán algún produto típico do Entroido para compartir. Virá nun recipiente retornabel que @s alérxic@s marcarán por fóra. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para filloas dibujo


sábado, 23 de febreiro de 2019

Meco

Xa está aquí, este ano en forma de libro!



xoves, 21 de febreiro de 2019

Desfile Entroido

O vindeiro venres 1 de marzo terá lugar no patio do cole (no pabillón en caso de choiva) un desfile de Entroido ao que estades convidadas as familias. Comezará ás 11:15 h. aínda que o portalón verde abrirase 15 minutos antes. Vai ser divertidísimo!!

Resultado de imaxes para entroido dibujo

martes, 19 de febreiro de 2019

Gorriñas

Podedes mandar na mochila d@ vos@ fill@ unha gorriña para protexerse do sol durante o recreo. Recordade poñerlle o nome. Moitas gracias!!!

Imaxe relacionada

luns, 18 de febreiro de 2019

Meco

O vindeiro venres 22 aparecerá no patio do cole o Meco cun mandado que debemos cumprir o luns 25. Non esquezades mirar as mensaxes diariamente para cumprir co que diga. Que comece a troula!! 

Resultado de imaxes para carnaval dibujo

venres, 15 de febreiro de 2019

xoves, 14 de febreiro de 2019

Reserva de plaza

Recordade que mañá é a data límite de entrega do formulario de reserva de plaza para o vindeiro curso 2019-2020. Moitas gracias!

Imaxe relacionada


martes, 12 de febreiro de 2019

Entroido 2019

Aquí tedes a axenda do entroido 2019:

25-28 febreiro: mandados do Meco e obradoiro de Normalización Lingüística.

1 de marzo: desfile do centro no colexio, ao que as familias estades invitadas. Merenda con produtos típicos desta festa.

4, 5 e 6 de marzo: días non lectivos.

7 de marzo: festa do Entroido e queima do Meco, á que @s peques asistirán disfrazados da casa. Merenda de chocolate con churros.

domingo, 10 de febreiro de 2019

Lecturas interciclos

Pensábades que as lecturas interciclos eran so d@s compis maiores @s nen@s de Infantil? Pois non! Infantil tamén lle le @s máis peques do cole: aos compis de 1-2 anos! Tedes a mostra na pestana ACTIVIDADES.


xoves, 7 de febreiro de 2019

Nora

A semana pasada, alumnos de 5 anos comezamos as nosas lecturas con Nora. Na pestana ACTIVIDADES tedes fotos de algúns momentos. Guau, guau!!


mércores, 6 de febreiro de 2019

martes, 5 de febreiro de 2019

Día da Paz

Aquí tedes o precioso vídeo que resultou da nosa acción polo Día da Paz: 

https://www.youtube.com/watch?v=vzpmqbJ9A-s

luns, 4 de febreiro de 2019

Biblioteca

A pasada semana, Marta, a coordinadora da biblioteca do cole, acompañou a Radio Fene ás rapazas de primaria que inventaron e leron poemas para Infantil o Día da Paz, para que esta vez os desfrutaran toda a comarca. Marta explicou o crecemento e a transformación da nosa biblio durante este curso. Podedes escoitar a entrevista e o recital neste enlace: