xoves, 17 de xaneiro de 2019

Reunión

O vindeiro mércores 23 ás 16:00 h. terán lugar nas aulas de Infantil a reunión do 2º trimestre. É moi recomendable a asistencia para coñecer os aspectos máis relevantes deste novo trimestre. Recordade que non poden vir @s nen@s. Contamos con servicio de ludoteca no centro para favorecer a vosa organización. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para aula dibujo


martes, 15 de xaneiro de 2019

Madrugadores

Recordade que o centro conta con servicio de madrugadores para aquelas familias que precisen deixar @s peques no cole antes das 9:00 h.

Resultado de imaxes para madrugadores dibujo

luns, 14 de xaneiro de 2019

Roupa e calzado

Recordade que a roupa d@s peques debe ter goma na cintura e non botóns ou broches que non favorecen a súa autonomía. O calzado ten que ser de velcro ou gomas, non de cordóns. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para ropa dibujo

venres, 11 de xaneiro de 2019

Se chego tarde ao...

aeroporto... perdo o vo,
ao médico... perdo o turno,
ao cine... non entro,
á parada... perdo o bus.

Que nos fai pensar que se chegamos tarde á escola non perdemos nada?

Respectar o horario tamén forma parte da EDUCACIÓN. Démoslle valor á puntualidade. Moitas gracias!

Resultado de imaxes para reloj dibujo


xoves, 10 de xaneiro de 2019

Entrega de libros

Como xa sabedes, depositamos os libros que quedaron sen vender no Mercadillo de Nadal na sombrería Autrohúngara de A Coruña, que fixo durante decembro unha recollida con fins benéficos. Hai uns días desvelaron o destino final dos libros: o Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. Moitas gracias a establecementos que levan a cabo iniciativas coma estas e, por suposto, gracias ás familias que doaron os libros!!! Podedes ver foto da entrega nestes enlaces:


martes, 8 de xaneiro de 2019

Bolsa material

Recordade traer as bolsas do material durante esta semana. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para smile


luns, 7 de xaneiro de 2019

Alá imos!

Mañá arrinca un novo trimestre e temos moitísimas ganas!!! Recordade que o horario é o habitual. Ata mañá!!!

Resultado de imaxes para 2º trimestre dibujo