domingo, 23 de decembro de 2018


Tedes os vídeos do Festival de Nadal no noso canal de Youtube:

https://www.youtube.com/channel/UCUuEReD7xb0PfdjjHBg1MbQ

sábado, 22 de decembro de 2018

Gracias ás familias por confiar no centro e no equipo de Educación Infantil. Desfrutade das vacacións, voltamos o martes 8 de xaneiro.
FELIZ NADAL E FELIZ 2019!!!!

xoves, 20 de decembro de 2018

Libros

Onte deixamos na sombrería Austrohúngara de A Coruña os libros infantís e preadolescentes que quedaron sen vender no Mercadillo de Nadal. Este establecemento está a facer unha recollida con fin solidario. Moitas gracias por iniciativas como esta!!!



martes, 18 de decembro de 2018

Podedes ver as fotos e os vídeos do Mercadillo de Nadal do pasado sábado 15 na web do cole:


luns, 17 de decembro de 2018

Final de trimestre

Recordamos as actividades da semana para que non esquezades nada na casa:

- Hoxe visitounos o Apalpador.
- O xoves recibiremos no cole aos Reis Magos.
- O xoves faremos unha festa de Nadal onde cada nen@ traerá da casa un doce destas festas para compartir c@s demáis. Os recipientes serán non retornables e os produtos d@s alérxic@s virán co nome por fora. 
- O venres terá lugar o Festival de Nadal, letra B ás 10:00 h. e letra A 11:30 h. O portalón verde abrirase un pouquiño antes. 

Moitas gracias!!!!



sábado, 15 de decembro de 2018

GRACIAS, GRACIAS e GRACIAS aos alumn@s , profesor@s, familias, amig@s, asociacións e colaborador@s que dan forma e posibilitaron o Mercadillo Solidario, esta vez de Nadal. Un ano máis sentímonos felices de formar parte de algo tan bonito e de transmitir valores tan importantes nas vidas do noso alumnado como esforzo, solidaridade, axuda, colaboración e apoio. 

GRACIAS INFINITAS!

Resultado de imaxes para corazon dibujo

venres, 14 de decembro de 2018

Mercadillo

Xa temos todo! Plantas, comida, adornos de Nadal, carreira, subasta de cadros, contacontos, talleres, colaboracións, actuacións... Temos tantas cousas e tan chulas, que tedes que vir a velo vos mesmos! De 10:00 a 14:00 h.!





Festa de Nadal

 O vindeiro xoves 20 faremos unha festa. Cada nen@ traerá un doce de Nadal para compartir. Os recipientes serán non retornables e os alimentos d@s alérxic@s virán marcados co nome. Moitas gracias pola vosa colaboración!!!

Resultado de imaxes para turron dibujo

martes, 11 de decembro de 2018

Visitas de Nadal

Con esta imaxe tan bonita da árbore de Nadal da nosa secretaría queremos avisar das dúas visitas que teremos a vindeira semana:

Luns 17: Apalpador
Xoves 20: Reis Magos

Non podemos cos nervios!!!!


luns, 10 de decembro de 2018

Cadros

Cada clase do cole fixo un cadro para subastar no Mercadillo de Nadal do vindeiro sábado 15 de decembro. Deixamos fotos deles aquí para que vaiades vendo as marabillas que teremos dispoñibles...








domingo, 9 de decembro de 2018

Mercadillo de Nadal

Coas pilas cargadas a tope despois dos festivos, entramos na recta final do trimestre e do ano. En menos dunha semana terá lugar o Mercadillo Solidario de Nadal. Queremos agradecer ás familias a abundante achega de artigos de segunda man. GRACIAS DE CORAZÓN!

mércores, 5 de decembro de 2018

Recordade que mañá xoves 6 e o venres 7 son festivos, polo que non haberá cole. Desfrutade!!!


martes, 4 de decembro de 2018

Sonrisa escolar

Hoxe mandamos para casa as fotos que fixo Anpa (agás 4 anos A que as levará máis adiante). As familias que queiran quedarse coa reportaxe a pagarán na oficina da asociación, e as que non a poden deixar no mesmo lugar sen abrir o sobre. Moitas gracias!!!


Resultado de imaxes para navidad

luns, 3 de decembro de 2018

Maquillaxe

No vindeiro Mercadillo de Nadal do 15 de decembro teremos un recuncho de maquillaxes para que tod@s @s que queiran pinten a cara. Non é fantástico???

Resultado de imaxes para pinturas dibujo

domingo, 2 de decembro de 2018

Benvido decembro!!

Comeza o mes con máis ilusión de todo o ano. O Nadal chama a nosas portas, e as luces, as cores e unha enorme emoción instálase no aire. Dentro de moi pouco terá lugar no cole o Mercadillo Solidario de Nadal e poderemos desfrutar xunt@s dun día precioso. Save the date!!!