venres, 30 de novembro de 2018

Carreira Solidaria

En Infantil estamos a entrenar para a carreira do 15 de decembro. Preparados, listos, XA!!!



mércores, 28 de novembro de 2018

Recollida material Mercadillo

Os vindeiros luns 3, martes 4 e mércores 5 de decembro podedes achegar ao cole material para a súa venda no Mercadillo de Nadal. Libros, adornos, xoguetes, colares, panos, bolsos... Se está en bo estado pode formar parte de este Mercadillo Solidario. Moitísimas gracias!!!

Resultado de imaxes para arbol navidad dibujo

martes, 27 de novembro de 2018

Correos

O vindeiro mércores 5 realizaremos unha saída á oficina de Correos de Fene. @s peques virán con calzado cómodo e roupa axeitada. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para correos dibujo


luns, 26 de novembro de 2018

Festival de Nadal

O festival de Nadal terá lugar no salón de actos do centro o vindeiro venres 21 de decembro. O horario será o seguinte:

10:00 h: 3, 4 e 5 anos B
11:30 h: 3, 4 e 5 anos A

Estamos a preparar unhas actuacións alucinantes. Esperamos que as desfrutedes!!!

Resultado de imaxes para festival navidad dibujo

domingo, 25 de novembro de 2018

25N

Hoxe é o Día Internacional contra a violencia machista e desde o colexio quixemos unirnos á petición e reivindicación dun mundo libre de violencias, no que as mulleres sexan libres do desenrolo dunha vida sen coaccións nen limitacións sociais. Podedes ver fotos na pestana ACTIVIDADES. 


sábado, 24 de novembro de 2018

Mercadillo de Nadal

Como sabedes, o vindeiro sábado 15 de decembro, terá lugar no cole un Mercadillo de Nadal. Estamos a preparar un montón de sorpresas para que quededes abraiados nada máis entrar. Deixamos algunha pista na pestana de ACTIVIDADES...

venres, 23 de novembro de 2018

Hoxe tivo lugar no noso centro unha reunión moi importante: concello, Anpa, profesorado e  a organización Stop Accidentes. Conscientes da necesidade dunha mellor organización nas entradas e saídas, partidarios de opcións saudables e respetuosas co medio ambiente e tendo en conta os ritmos de vida actuais no que se busca un continuo equilibrio, queremos sacar adiante o proxecto ANCAS de creación de camiños escolares seguros, que beneficiaría enormemente ás familias, a comunidade educativa e o barrio. Estade atent@s porque dentro de moi pouco tempo informaremos de todo. Deixamos o link do proxecto por se queredes botar un ollo:












xoves, 22 de novembro de 2018

Carreira Solidaria

Xa vos podedes anotar para participar na Carreira Solidaria do Mercadillo de Nadal do vindeiro sábado 15 de decembro. Para elo tedes que cubrir o papel que vos achegamos cos datos indicados e entregalo ás titoras xunto con 50 céntimos. Se queredes, podedes anotar máis xente (familiares ou amigos) pola parte de atrás, engadindo o coste de cada un deles. En moi pouco tempo daremos os dorsais! Que ganas!

Resultado de imaxes para dibujo niños corriendo

martes, 20 de novembro de 2018

Día dos Dereitos da Infancia

Hoxe é o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, no que se quere poñer en relevo as necesidades d@s nen@s de todo o mundo, valorar os avances acadados na consecución do seu benestar e certificar as carencias e necesidades básicas non acadadas. Guerras, fames, traballos forzados, carencias médicas... son moitas a penurias que pasan @s nen@s en moitos lugares do planeta, de preto e de lonxe, e hoxe é o día de pensar nisto, de falar c@s nos@s pequen@s desta realidade, de agradecer o que temos e de valorar opcións de axuda e concienciación.

Resultado de imaxes para dereitos da infancia

luns, 19 de novembro de 2018

Oveiras

Pregamos axuda ás familias coa achega de oveiras baleiras de 12 unidades con tapa de cartón como a que aparece neste debuxo: 

Resultado de imaxes para huevera dibujo


Estas non serven:

Resultado de imaxes para huevera dibujo

Moitas gracias!!!!

venres, 16 de novembro de 2018

Recollida alimentos

Desde a ANPA iníciase unha recollida de alimentos non perecedeiros para a asociación Arraigo do 19 de novembro ao 14 de decembro. A caixa para depositalos estará situada debaixo do mural de Infantil no patio cuberto. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para alimentos no perecederos dibujo

xoves, 15 de novembro de 2018

Mercadillo solidario

Como xa sabedes, o sábado 15 de decembro terá lugar no cole un mercadillo navideño e unha carreira solidaria. Pouco a pouco desvelaremos todas as sorpresas que vos agardan. De momento podemos dicir que teremos postos de venda de xoguetes, de prantas, de bazar, de libros e de bixutería. Ademáis, haberá maquillaxe e globofexia. Non o podes perder!!!!


martes, 13 de novembro de 2018

Sesión fotográfica

Recordade que mañá realizarase a sesión fotográfica en Infantil. En decembro decidiredes se queredes as fotos ou non. Un saúdo!

Resultado de imaxes para camara fotos dibujo


luns, 12 de novembro de 2018

Profesións

Invitamos ás familias de 4 e 5 anos a visitar as aulas para contar e falarnos sobre a súa profesión. O que fan, as tarefas, os obxectivos, o uniforme... todo interesa @s nos@s peques, que ademáis sentiranse orgullos@s de teros entre @s compis. Animádevos!!!

Resultado de imaxes para profesion dibujo

venres, 9 de novembro de 2018

xoves, 8 de novembro de 2018

Lecturas interciclos

Na biblioteca estanse a realizar lecturas de nen@s maiores @s pequen@s. Con estas accións buscamos a interacción interciclos, que @s maiores recorden os seus principios, que axuden, que ensinen e que formen vínculos. Da mesma maneira, buscamos que @s peques recollan información de modelos diferentes aos habituais co estímulo da novidade. Prodúcense momentos moi bonitos e altamente positivos para os dous lados. 

Gradualmente subiremos fotos na pestana ACTIVIDADES, agora mesmo tedes as das lecturas de esta semana. Un saúdo!!!

mércores, 7 de novembro de 2018

Semana hábitos saudables

Mañá @s compis de 3 anos recibimos á dentista no cole! Que ganas!!

Resultado de imaxes para diente dibujo

martes, 6 de novembro de 2018

Alerta laranxa

Quedan canceladas todas as actividades no exterior. As saídas á farmacia quedan pospostas ata novo aviso. Gracias!

Resultado de imaxes para lluvia dibujo

luns, 5 de novembro de 2018

Samaín

Xa tedes na pestana de ACTIVIDADES as fotos do Samaín.