mércores, 31 de outubro de 2018

Semana hábitos saudables

A vindeira semana desenrolaremos o proxecto de hábitos saudables. Cada nivel centrarase nun profesional ou sector da saúde. 

3 anos: dentista (xoves 8)
4 anos A: farmacia (mércores 7)
4 anos B: farmacia (xoves 8)
5 anos: enfermeira (luns 5)

@s nen@s de 4 anos irán a farmacia camiñando, polo que necesitan calzado cómodo. Moitas gracias!!! Feliz ponte!!!

martes, 30 de outubro de 2018

Mercadillo de Nadal

O vindeiro 15 de decembro pola mañá terá lugar no cole un mercadillo de Nadal cheo de actividades e sorpresas. Gardade a data e estade atent@s!!! 

Resultado de imaxes para arbol navidad dibujo

luns, 29 de outubro de 2018

Reportaxe fotográfica

Anpa organiza unha reportaxe fotográfica para aquelas familias interesadas en recibila en decembro. Non existe compromiso ningún de compra, quedando as familias en liberdade de aceptalas. As fotografías realizaranse o vindeiro mércores 14 de novembro. 

Resultado de imaxes para fotografo dibujo

venres, 26 de outubro de 2018

xoves, 25 de outubro de 2018

Igualdade

A Xunta de Galicia cedeunos durante un mes As maletas da igualdade, dúas maletas cheas de contos para tratar este tema. A vaca que puxo un ovo, Teño dúas casas, Ranilda, Las princesas también se tiran pedos e Unha parella diferente son so algúns dos títulos que temos ao noso alcance. 





mércores, 24 de outubro de 2018

Samaín

O vindeiro mércores 31 de outubro festexaremos o Samaín. @s peques virán disfrazados (non fai falla que merquedes un disfraz, podedes reciclar ou customizar algo que teñades por casa) e no cole faremos unha festa con musica, bailes e merenda de castañas e zumes. Pasarémolo de medoooooooooo!
Resultado de imaxes para fantasma dibujo


martes, 23 de outubro de 2018

Cabazas Samaín

En 3 anos faremos unha exposición de cabazas de Samaín. As traeredes o vindeiro luns 29 de outubro. Podedes decoralas ao voso gusto, como queirades. A idea é que desfrutedes dun rato c@s vos@s fill@s mentres a facedes xunt@s. Recordade poñer o nome d@ nen@ por algún recanto. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para calabaza halloween dibujo

luns, 22 de outubro de 2018

Eroski

Como actividade especial dentro do Proxecto de Alimentación Saudable @s compis de 4 anos faremos unha visita ao supermercado Eroski da nosa rúa o vindeiro venres 26. @s peques virán con roupa e calzado cómodos. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para supermercado dibujo

domingo, 21 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas

O vindeiro mércores 24 é o Día das Bibliotecas polo que teremos actividades especiais durante esta semana. O carteiro da biblioteca do cole pasou polas aulas a repartir unhas cartas nas que Tortu (a mascota da biblio) nos invitaba a pasar por alí. Que estará a preparar?? Que nervios!!

Resultado de imaxes para cartero dibujo

venres, 19 de outubro de 2018

xoves, 18 de outubro de 2018

Icook

Dentro do proxecto de hábitos saudables, que engloba alimentación, exercicio, hixiene e descanso, temos programada unha saída ao taller de cociña Icook de Fene para @s nen@s de 5 anos. 

5 anos A irá o xoves 25 de outubro e 5 anos B irá o venres 26 de outubro. 

Os socios da Anpa pagarán 2,50 euros e os non socios pagarán 5,50 euros, que deberán meter nun sobre co nome d@ alumn@ e a clase e intriducilo, antes do martes 23, no buzón que se atopa na porta da Anpa. 

Resultado de imaxes para cocinero dibujo

martes, 16 de outubro de 2018

Recetas saudables

Esta semana estamos a traballar a alimentación saudable e a súa importancia no noso corpo e no noso crecemento físico e mental. Estamos a facer ou faremos recetas saudables manipulando diferentes froitas. A partir de mañá poderedes ver fotos sobre este tema na pestana ACTIVIDADES. 




luns, 15 de outubro de 2018

@s nen@s de 3 anos farán unha visita á panadería El Cruce de Maniños o vindeiro luns 22 de outubro. @s soci@s da ANPA irán gratis. O custe da excursión para non soci@s da ANPA é 3 euros, que deberán introducir nun sobre pechado co nome d@ alumn@ e curso no buzón situado na porta da oficina da ANPA. A roupa será cómoda e o calzado de velcro. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para pan dibujo

xoves, 11 de outubro de 2018

Feliz finde longo!



mércores, 10 de outubro de 2018

Recetas saudables

A vindeira semana terá lugar en Infantil a Semana das Recetas Saudables, coas que queremos familiarizar @s peques coas diferentes froitas e os seus sabores. O consumo diario de froita é imprescindible para crecer sás. Cada nivel fará algo distinto, aprendendo e manipulando diferentes froitas, traballando os beneficios que elas proporcionan e as diferentes maneiras de inxerilas.

3 anos traerá dos laranxas o martes 16 para facer zume, 4 anos traerá as froitas indicadas pola titora o xoves 18 para facer macedonia e 5 anos traerá as froitas indicadas pola titora o martes 16 para facer brochetas. 

Moitas gracias!!


Imaxe relacionada

luns, 8 de outubro de 2018

Festivo

Recordade que o vindeiro venres 12 é festivo polo que non haberá clase nin actividades no centro. 

Resultado de imaxes para festivo dibujo

domingo, 7 de outubro de 2018

Festa de Benvida

O pasado venres tivemos a Festa de Benvida na que houbo bailes, troula, risas e momentos moi especiais. Tedes fotos na pestana de ACTIVIDADES. Aquí os deixamos os vídeos dalgunhas das actuacións estelares: 












venres, 5 de outubro de 2018

Momentos únicos

Na pestana SAÍDAS tedes as fotos da experiencia na escola "Justo ao revés" d@s peques de 4 e 5 anos. Na pestana ACTIVIDADES aparecen as instantáneas de 5 anos coas recetas do proxecto Recetas Saudables. 


Resultado de imaxes para smile

mércores, 3 de outubro de 2018

Tenis

Comezando co tema de Hábitos Saudables que traballaremos profundamente durante este trimestre, @s nen@s de 4 e 5 anos irán mañá, xoves 4 de outubro, á Escola de tenis Justo al revés que se atopa enfrente do noso cole. Virán de chándal e tenis. Moitas gracias!

Imaxe relacionada

martes, 2 de outubro de 2018

Rutinas de sono

É moi importante que @s nen@s teñan rutinas de sono regulares. Acostarse cedo e descansar ben é fundamental para que veñan ao cole con enerxía e bo humor. 

Resultado de imaxes para familia telerin

luns, 1 de outubro de 2018

Festa de Benvida

O vindeiro venres 5 terá lugar a Festa de Benvida. Vai ser sensacional!

Resultado de imaxes para pmpas de jabon popeta