sábado, 29 de setembro de 2018

Con este vídeo tan divertido desexámosvos boa finde!


xoves, 27 de setembro de 2018

Saída 5 anos

A saída posposta de 5 anos farase hoxe. Pola tarde poderedes ver as fotos na pestana Saídas.

martes, 25 de setembro de 2018

Merendas

As merendas de media mañá virán en bolsas co nome dentro das mochilas. No caso de usar tupper, virá tamén co nome. Recordade que temos un menú semanal de merendas saudables que podedes consultar na pestana de Normas e servizos. Moitas gracias!

Juega y merienda

luns, 24 de setembro de 2018

Saída 5 anos

Lamentamos cancelar de novo a saída de 5 anos ata novo aviso. Perdoade as molestias. 

sábado, 22 de setembro de 2018

Saída posposta

A saída de 5 anos posposta polo mal tempo realizarase o vindeiro luns 24 de setembro. Recordade traer ropa axeitada. Moitas gracias!

venres, 21 de setembro de 2018

Saída polo entorno

Vémonos obrigadas a suspender a saída programada para hoxe polo mal tempo. As titoras informarán da nova data. Desculpade as molestias. 

Imaxe relacionada

xoves, 20 de setembro de 2018

Psicomotricidade

O día de psicomotricidade @s peques deben vir con chándal e deportivas. Cada titora vos dirá o día da semana que lles toca. 


Resultado de imaxes para psicomotricidad dibujo

mércores, 19 de setembro de 2018

ANPA

Xa tedes toda a información sobre as actividades extraescolares da ANPA. Para apuntarvos, darvos de alta ou recibir información podedes pasar pola oficina situada no recibidor. Moitas gracias!

martes, 18 de setembro de 2018

Normas comedor

- Para apuntarse ou darse de baixa no servizo de comedor, será preciso facelo o mesmo día antes das 9:30 h.
- Recoller @s nen@s despóis das 15:00 h., nunca antes, para poder controlar os tempos de comida e hixiene con maior tranquilidade.
- Recoller @s nen@s na porta de secretaría, empregando o timbre colocado para solicitar a entrada no centro tratando de evitar a entrada no patio e, sobre todo, na zona de comedor. 
- Proporcionar a cada nen@ un neceser con cepillo e pasta de dentes para una limpeza dos mesmos despóis da comida.
- Aquelas familias que o considereden necesario, podedes proporcionarlles @s nen@s un mandil para evitar manchar a roupa. 
- O servizo de comedor comeza ás 14:00 h. e remata ás 16:00 h. Tod@s @s nen@s que non se recollan antes de esa hora, pasarán ao servizo de ludoteca, tendo as familias que aboar o custo do mesmo. 
- @s alumn@s de ESO que rematen no comedor e queran marchar deberán cubrir una autorización das familias para saír sos. 


Moitas gracias!! 




luns, 17 de setembro de 2018

Saída polo entorno

O vindeiro venres 21 de setembro @s nen@s de 5 anos, coincidindo coa chegada do outono, realizarán unha saída polo entorno para observar os cambios climatolóxicos que nos rodean. @s peques virán con roupa e calzado axeitado. Moitas gracias!

Imaxe relacionada

domingo, 16 de setembro de 2018

Roupa e calzado

A roupa do alumnado debe ser cómoda, facilitadora de movementos e que poidan manexar el@s mesm@s. Evitade broches ou botóns duros. Os petos ou monos non son adecuados. 

O calzado ten que ser de velcro para facilitar a súa autonomía. 

Moitas gracias!


Resultado de imaxes para zapatos dibujo

sábado, 15 de setembro de 2018

Avisos

A información desde o centro chega aos vosos móviles a través da Plataforma Abalar, que podedes instalar na pantalla de inicio do voso dispositivo de maneira sinxela e cómoda. Se tedes algunha dúbida, preguntade as titoras. Moitas gracias!

Resultado de imaxes para movil dibujo

venres, 14 de setembro de 2018

Mandilóns

Os mandilóns d@s peques deben vir marcados co nome na zona do peito. Moitas gracias!

Resultado de imaxes para mandilon dibujo

xoves, 13 de setembro de 2018

Mandilóns e material

Podedes pagar os mandilóns e o material en secretaría, en horario de 9:00 - 14:00 e 16:00 - 18:00 h. Moitas gracias!

Imaxe relacionada

mércores, 12 de setembro de 2018

Reunión

O vindeiro mércores 19 terá lugar a reunión do 1º trimestre na aula d@ vos@ fill@ ás 16:15 h. Non se poden traer aos peques (recordade que temos servicio de ludoteca se alguén o precisa). Moitas gracias!


Resultado de imagen de reunion infantil dibujo

martes, 11 de setembro de 2018

Período de adaptación

O período de adaptación d@s peques de 3 anos abrangue desde o mércores 12 ata o venres 21 de setembro. O horario do período de adaptación é:

1º grupo: 9:30- 11:15 h.

2º grupo: 12:00- 13:45 h.

A entrada e saída é exclusivamente polo portalón verde, quedando prohibido o acceso por secretaría. Recordade non traer merendas pero sí auga e mudiña na mochila. Moitas gracias!!

Resultado de imaxes para periodo adaptacion

luns, 10 de setembro de 2018

Primeiro día de clase

O vindeiro mércores 12 arrincan ás clases do curso escolar 2018-2019. @s nen@s de 4 e 5 anos subirán ás aulas coas familias para axudarlle cos libros. Á hora de saída e o lugar de recollida é o habitual. Moitas gracias!


sábado, 8 de setembro de 2018

A fada Popeta está preparada para o comezo de curso! A través dela coñeceremos as mascotas de cada aula e aprenderemos cousas moi divertidas sobre elas.

 

xoves, 6 de setembro de 2018

Actualizamos o blog para mellorar a practicidade e facilitar o manexo. A través de esta ferramenta poderedes informarvos de todas as novas, actividades e avisos así como ver fotos dos momentos vividos no centro. Podedes comentar calquera impresión ou suxerir calquera proposta. A vosa opinión é a máis importante! Moitas gracias!

Resultado de imaxes para ordenador dibujo

martes, 4 de setembro de 2018

LIBROS CON NOME

Ola familias!

Recordade poñer o nome d@ alumn@ nas carpetas e todos os libros.

Gracias pola vosa axuda!


Resultado de imaxes para librito dibujo

luns, 3 de setembro de 2018

Reunión período de adaptación

Ola familias!!! Benvid@s ao curso escolar 2018-2019. Mañá terá lugar nas aulas de 3 anos ás 12:00 h. a reunión informativa do período de adaptación. É moi importante a vosa asistencia. Rogamosvos que viñades sen nen@s. Un saúdo! As mestras de E.I.